venres, 28 de febreiro de 2025
luns, 3 de febreiro de 2025
ENTROIDO
Velaquí tedes diferentes recursos sobre o Entroido en Galicia. Animádesvos a coñecelos? 😜
Coñecedes a orixe desta festa? Ollade estes vídeos tan interesantes!
Coñecedes ao Merdeiro? É a figura do Entroido da nosa cidade! 😎
Picade AQUÍ para coñecer outras figuras importantes do Entroido galego! 😆
Se picades AQUÍ veredes un libro moi chulo dos Bolechas e os personaxes do Entroido.
Se picades AQUÍ tedes unha presentación Genially sobre as diferentes figuras do noso Entroido.
E PARA OS MÁIS PEQUECH@S... 🙈
AQUÍ vos deixamos un Genially do Entroido para os máis cativ@s!
😆
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Como sabedes, o vindeiro 23 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Velaquí vos deixamos algúns recursos para que desfrutedes deste día! 😍
Biografía da autora:
Velaquí tedes a biografía desta autora en formato audio feita por alumnado do CEIP de Oliveira. Picade AQUÍ para acceder ao recurso.
Se picades AQUÍ poderedes visualizar un recurso feito en Genially sobre a vida e as obras de Rosalía.
Tamén vos deixamos este pequeno "rosco" ao que podedes xogar picando AQUÍ.
Agardamos que desfrutedes moito das propostas! 😄😃
-
Dende o EDLG do noso cole e dos IES Rosais 1 e 2 creamos esta listaxe colaborativa en Spotify con cancións en galego co fin de promover a e...