Bulide! 😎
xoves, 24 de abril de 2025
mércores, 9 de abril de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Como sabedes, cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas homenaxeando a diferentes figuras da cultura da nosa terra. Este ano, adícase ás cantareiras e á poesía popular de tradición oral.
As cantareiras preservaron a nosa lingua por medio das súas cantigas e crearon unha poesía popular que transmitiron de nais a fillas, de avoas a netas... Para as representaren foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (de Cerceda), Eva Castiñeira (de Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema que foron tres das integrandes das Pandeireteiras de Mens (na Malpica de Bergantiños).
Velaquí vos deixamos algúns recursos para que gozedes desta festa! 👏
Aquí tedes uns vídeos explicativos moi interesantes:
E os tres capítulos desta serie documental creada para as Letras Galegas titulada "se canto é porque quero" que afonda na figura das cantareiras homenaxeadas:
Deixamos por aquí esta adaptación con pictogramas dunha cantiga das Pandeireteiras de Mens para que a desfrutedes! 💃
Se premedes AQUÍ accederedes a xogos da páxina web Primavera das Letras.
Se picades AQUÍ veredes diferentes vídeos desta mesma páxina web.
Se picades NESTE ENLACE atoparedes diferentes recursos en liña vinculados coas cantareiras.
NESTE ENLACE temos acceso a moitos recursos en papel que tamén resultan moi interesantes para traballar esta conmemoración dende as aulas 👀
Por último, se premedes AQUÍ accederedes a imaxes de arquivo nas que podedes coñecer ás protagonistas desta festa.
martes, 8 de abril de 2025
OS MAIOS
Como sabedes, ao comezo do mes de maio festexamos a Festa dos Maios. Velaquí vos deixamos unha pequena presentación para que coñezades un chisco máis sobre esta fermosa festa.
Como víchedes na presentación, os Maios adoitan acompañarse de coplas cantadas por nen@s. Aquí tedes algúns exemplos:
Os Maios celébranse moito en Ourense. Mirade que ben o pasan nestes vídeos! 👀
E por último, algunhas cancións para animarnos a festexar os Maios!💃
😎
-
Dende o EDLG do noso cole e dos IES Rosais 1 e 2 creamos esta listaxe colaborativa en Spotify con cancións en galego co fin de promover a e...







