Velaquí vos deixamos algunhas propostas terroríficas para celebrar o Samagostín dende as aulas de Educación Infantil e Primaria. No enlace a Canva que tedes ao final da entrada, podedes coñecer polo miúdo esta tradición tan nosa. Agardamos que vos guste! 👻
Velaquí vos deixamos un chisco de información que pode resultar de interese:
O termo Samaín provén da palabra galaica Samhain que significa "fin do verán e inicio da invernía". E precisamente isto era o que celebraban os celtas hai moitos, moitos anos. Esta data, que ten lugar a noite do 31 de outubro, marcaba a fin das colleitas e o inicio dun novo ciclo de escuridade e frío indicando a chegada do inverno. Ademais, o Samaín está moi vinculado co Magosto xa que antigamente, as castañas eran un dos alimentos máis abundantes e nutritivos en Galicia polo que a celebración dos magostos compartía moitos aspectos co Samaín celta: os banquetes que se celebraban, o lume... e por iso no noso cole celebramos as dúas festas nunha: o Samagostín!! 💀
💀