venres, 17 de outubro de 2025

SAMAGOSTÍN

Velaquí vos deixamos algunhas propostas terroríficas para celebrar o Samagostín dende as aulas de Educación Infantil e Primaria. No enlace a Canva que tedes ao final da entrada, podedes coñecer polo miúdo esta tradición tan nosa. Agardamos que vos guste! 👻
Velaquí vos deixamos un chisco de información que pode resultar de interese:
O termo Samaín provén da palabra galaica Samhain que significa "fin do verán e inicio da invernía". E precisamente isto era o que celebraban os celtas hai moitos, moitos anos. Esta data, que ten lugar a noite do 31 de outubro, marcaba a fin das colleitas e o inicio dun novo ciclo de escuridade e frío indicando a chegada do inverno. Ademais, o Samaín está moi vinculado co Magosto xa que antigamente, as castañas eran un dos alimentos máis abundantes e nutritivos en Galicia polo que a celebración dos magostos compartía moitos aspectos co Samaín celta: os banquetes que se celebraban, o lume... e por iso no noso cole celebramos as dúas festas nunha: o Samagostín!! 💀










Algúns contos:







💀

martes, 17 de xuño de 2025

venres, 6 de xuño de 2025

LISTAXE MUSICAL COLABORATIVA ENTRE CENTROS

Dende o EDLG do noso cole e dos IES Rosais 1 e 2 creamos esta listaxe colaborativa en Spotify con cancións en galego co fin de promover a escoita de grupos novos que están a dinamizar o panorama musical galego animando así ao noso alumnado a coñecelos!

Podedes acceder a ela picando AQUÍ ou ben a través do seguinte QR

Agardamos que gozedes con ela! 😎

martes, 3 de xuño de 2025

O SAN XOAN

Como sabedes, en xuño celebramos o San Xoán. Deixámosvos por aquí algúns recursos para que gozedes desta festa máxica! 👀

Velaquí tedes as sete herbas do San Xoan:


💫

martes, 20 de maio de 2025

mércores, 9 de abril de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Como sabedes, cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas homenaxeando a diferentes figuras da cultura da nosa terra. Este ano, adícase ás cantareiras e á poesía popular de tradición oral. 

As cantareiras preservaron a nosa lingua por medio das súas cantigas e crearon unha poesía popular que transmitiron de nais a fillas, de avoas a netas... Para as representaren foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (de Cerceda), Eva Castiñeira (de Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema que foron tres das integrandes das Pandeireteiras de Mens (na Malpica de Bergantiños).

Velaquí vos deixamos algúns recursos para que gozedes desta festa! 👏

Aquí tedes uns vídeos explicativos moi interesantes:

E os tres capítulos desta serie documental creada para as Letras Galegas titulada "se canto é porque quero" que afonda na figura das cantareiras homenaxeadas:

Deixamos por aquí esta adaptación con pictogramas dunha cantiga das Pandeireteiras de Mens para que a desfrutedes! 💃

Se premedes AQUÍ accederedes a xogos da páxina web Primavera das Letras.

Se picades AQUÍ veredes diferentes vídeos desta mesma páxina web.

Se picades NESTE ENLACE atoparedes diferentes recursos en liña vinculados coas cantareiras.

NESTE ENLACE temos acceso a moitos recursos en papel que tamén resultan moi interesantes para traballar esta conmemoración dende as aulas 👀

Por último, se premedes AQUÍ accederedes a imaxes de arquivo nas que podedes coñecer ás protagonistas desta festa.